Amosando publicacións coa etiqueta técnicas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta técnicas. Amosar todas as publicacións

domingo, 25 de xuño de 2017

Deseños FMQ (4): doas ensartadas

Outra forma de acolchoado libre son os motivos enlazados ao longo da liña de costura, como doas ensartadas nun colar. A liña pode ser contínua por todo o labor, ou de borde a borde. O exemplo básico serían os lazos (loops) pero as posibilidades son infinitas.



xoves, 22 de xuño de 2017

Accesorios: pés de máquina


Pódese acolchoar con calquera máquina doméstica, a condición de dispor dun pé axeitado como os que se ven na foto. Os de dobre arrastre (1 e 2) están deseñados para o acolchoado en liñas rectas, pero tamén permiten a execución de curvas suaves. O modelo (2) permite a inserción dunha barra para facilitar o aliñamento equidistante de liñas paralelas de costura. Un exemplo clásico de deseño por este método é o acolchoado en espiral:

A miña máquina traía de serie un pé para acolchoado libre como o modelo (3), que cheguei a romper por uso excesivo. Veño de comprar por internet os modelos (4), con pé aberto de plástico transparente, e (5) con pé metálico pechado. Estes levan unha panca para se desprazaren arriba e abaixo coa barra da agulla en cada puntada, e un resorte para se adaptaren a calquera grosor de acolchoado.

O feito de que o pé salte con cada puntada amola a moitas quilters, o que as levou a tentar modificacións caseiras (como esta de Leah Day cun elástico, ou estoutra máis técnica cun parafuso). A casa Janome ten un pé específico que se regula cun parafuso e non precisa modificación:

Mesmo existe un pé cuxo eixo está desprazado respecto da barra da agulla, permitindo ver a labor por detrás da agulla:

domingo, 18 de xuño de 2017

Deseños FMQ (3): "nestling"

Christina Cameli define nestling designs ou deseños aniñados como motivos que están en contacto cos seus veciños por varios puntos, polo que unha vez rematada non se pode saber onde comezou a labor. O exemplo clásico e o das bólas (en inglés pebbles). A súa execución esixe pasar dúas veces por algúns tramos (travelling).

Pódense usar en tamaños variados (1) ou alternando con algunha variante (2). Se son suficientemente grandes, poden levar dentro algún deseño adicional, como liñas curvas (3), asteriscos/estrelas (4), arcos coverxentes que as asemellan a balóns de basket (5), ou arquiños sucesivos (6). Mesmo poden levar círculos secundarios tanxentes (7) ou inseridos nunha curva suave (8).


Os motivos non teñen que ser círculos necesariamente: poden ser máis ovalados (9), triángulos (10), rectángulos (11). Leah Day creou tamén formas inspiradas na cultura asiática, como o ying e yang (12), espirais, ou tamén cariñas baseadas nos emoticonos (14 e 15).

Un mesmo deseño, con tamaño escalonado, é tamén un potente recurso gráfico para inferir movemento (16), como se evidencia na seguinte colcha, de Angela Walters:

sábado, 17 de xuño de 2017

Deseños FMQ (2): liñas continuas e de lado a lado



Estiven a practicar (para confeccionar unha especie de catálogo persoal) deseños de acolchoado que se basean nunha única liña que nunca se cruza. Valen tanto para cubrir toda a superficie do proxecto (edge-to-edge) como para bloques ou seccións (fillers). O que máis teño usado e o "gusanito" tanto a grande escala (meandering (1)) como en pequeno (stippling (2)).

Outra versión, con liñas dereitas e ángulos rectos, coñécese como "labirinto" (3). Cústame facer espirais regulares (4) se non teño liñas de guía; tamén destas existen variantes "borrachas" (drunk spirals (5)) ou cadradas (6).

As seguintes formas, moi alongadas, dánseme mellor se as fago de arriba abaixo. Ángela Walters chámalles back-and-forth e hai variantes con ángulos rectos (7), curvas suaves e ángulos agudos (eu chámolles labaradas, flames (8)) e extremos más redondeados (9).

As liñas que se van repetindo de lado a lado tamén se poden usar en toda a labor ou só zonas específicas. Son idóneas para bordes. Nesta categoría són clásicos os deseños con pequenos lazos imitando eles cursivos (10) ou efes (Christina Cameli chámelles lazy efs e Ángela Walters wishbones (11). Para franxas estreitas os deseños máis sinxelos son de ondulacións estreitas redondeadas (12), rectangulares (13) ou triangulares (14). Ondulacións que case se pechan son coñecidas como ribbon candy (15), e o que algúns chaman pontes, no mundo anglosaxón son cunchas (shells (16)).

Ás curvas suaves de lado a lado Leah Day chámalles shadow waves (17). Ángela Walters ten unha versión na que de cando en cando unha das curvas converxe coa anterior e rebota cara o lado de onde viña a liña, de forma fluida (all-over wavy lines (18)). Como contraste outro deseño de Leah Day baséase en liñas angulares a intervalos irregulares (jagged lines (19)).

xoves, 15 de xuño de 2017

Deseños FMQ (1)

Anna Orduña ven de publicar un libro para iniciarse no acolchoado libre con máquina de coser doméstica. Introduce 15 deseños básicos cos que comezar a practicar:


Con todo, a miña instrutora favorita é Christina Cameli, que fai unha interesante clasificación dos deseños en relación co modo que ten cada motivo de enlazar co seguinte. Angela Walters ordena os motivos en función da forma que ten o espazo que hai que cubrir con eles. Leah Day fíxase na densidade e textura que achegan.