domingo, 18 de xuño de 2017

Deseños FMQ (3): "nestling"

Christina Cameli define nestling designs ou deseños aniñados como motivos que están en contacto cos seus veciños por varios puntos, polo que unha vez rematada non se pode saber onde comezou a labor. O exemplo clásico e o das bólas (en inglés pebbles). A súa execución esixe pasar dúas veces por algúns tramos (travelling).

Pódense usar en tamaños variados (1) ou alternando con algunha variante (2). Se son suficientemente grandes, poden levar dentro algún deseño adicional, como liñas curvas (3), asteriscos/estrelas (4), arcos coverxentes que as asemellan a balóns de basket (5), ou arquiños sucesivos (6). Mesmo poden levar círculos secundarios tanxentes (7) ou inseridos nunha curva suave (8).


Os motivos non teñen que ser círculos necesariamente: poden ser máis ovalados (9), triángulos (10), rectángulos (11). Leah Day creou tamén formas inspiradas na cultura asiática, como o ying e yang (12), espirais, ou tamén cariñas baseadas nos emoticonos (14 e 15).

Un mesmo deseño, con tamaño escalonado, é tamén un potente recurso gráfico para inferir movemento (16), como se evidencia na seguinte colcha, de Angela Walters:

Ningún comentario:

Publicar un comentario