Estou demasiado cansa despois de traballar para seguir acolchoando. Así que encetei o piecing dun novo proxecto. O ano pasado fixen o mystery quilt En Provence de Bonnie Hunter, e cosín unidades de máis. Estou agora no proceso de xuntalas en forma de bloques para unha colcha que decidín chamar Occitane.
Finalmente os centros das estrelas lilas e rosa van en verde. Comecei a xuntar os bloques, e a metade da tarefa pasou polo piso o devastador furacán Bruni. Vede as fotos do antes e do despois...
Amosando publicacións coa etiqueta rosa b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta rosa b>. Amosar todas as publicacións
venres, 8 de setembro de 2017
xoves, 6 de xullo de 2017
Coxín gris e rosa
Angela Walters ofrece varios cursos de acolchoado na plataforma Craftsy. Intereseime por este: "Help! How do I quilt it?" Desenvolve sete temas segundo a tipoloxía do piecing do proxecto (appliqué, paper piecing, pezas especialmente grandes ou pequenas, medallóns...). Os materiais que complementan as aulas inclúen o patrón da colcha sobre a que Angela fai as demostracións. Tomei os elementos máis singulares e recompúxenos nun proxecto de menor tamaño (uns 50 cm x 50 cm) coa idea de empregalo posteriormente para confeccionar unha funda de coxín.
Algunha das teas ten un estampado tan marcado que só se distingue ben o acolchoado polo reverso.
Algunha das teas ten un estampado tan marcado que só se distingue ben o acolchoado polo reverso.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Esta foi a primeira máquina de coser que merquei, vai case para 10 anos. Custárame algo así como 70€ no Lidl, e resultou moi práctica para i...
-
A segunda pista deste mystery saiu o venres. Tamén neste caso fixen pouco máis da metade das unidades, no meu caso flying geese verdes sob...
-
Fixen onte algo máis da metade das unidades necesarias para a primeira pista do mystery Ringo Lake . Como mudei as córes os meus 9P teñen m...






