Levoume uns segundos recoller a árbore: tíñaa simplemente pendurada diante da tele (total, para o que a vemos!). Fixen este proxecto hai un par de anos. Hoxe tería acolchoado máis densamente o fondo, con liñas onduladas e estrelas en fío dourado.
Amosando publicacións coa etiqueta quilt moderno b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta quilt moderno b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 13 de xaneiro de 2018
domingo, 9 de xullo de 2017
Coxín on point verde e azul
Para seguir practicando as aulas de Angela Walters en Craftsy e en particular o enchemento con acolchoado de formas triangulares (co apoio dos seus libros de motivos para bloques) fixen outro coxín.
A construción dos bloques parte de varias tiras de cores de 2,5" e tiras brancas de 4,5" que se unen polo longo formando un tubo, para despois cortalo a 45 grados, creando cadrados de 6" cos lados polo bies. O tutorial en Youtube tamén é de Angela Walters para Crafsy:
Fixéronme falta 16 cadrados para cada cara do coxín, unidos a pares formando triángulos. Experimentei todo tipo de deseños, máis densos nos triángulos brancos e menos densos nos de cor:

xoves, 6 de xullo de 2017
Coxín gris e rosa
Angela Walters ofrece varios cursos de acolchoado na plataforma Craftsy. Intereseime por este: "Help! How do I quilt it?" Desenvolve sete temas segundo a tipoloxía do piecing do proxecto (appliqué, paper piecing, pezas especialmente grandes ou pequenas, medallóns...). Os materiais que complementan as aulas inclúen o patrón da colcha sobre a que Angela fai as demostracións. Tomei os elementos máis singulares e recompúxenos nun proxecto de menor tamaño (uns 50 cm x 50 cm) coa idea de empregalo posteriormente para confeccionar unha funda de coxín.
Algunha das teas ten un estampado tan marcado que só se distingue ben o acolchoado polo reverso.
Algunha das teas ten un estampado tan marcado que só se distingue ben o acolchoado polo reverso.
mércores, 28 de xuño de 2017
Monolog (log cabin de bloques monocromáticos)
Encántame aproveitar os retalliños máis pequenos, en proxectos a longo prazo de foundation piecing. Neste caso fun acumulando folletos publicitarios que recurtei en cadrados de 22 cm, e sobre eles fun cosendo en espiral (o tradicional método para os bloques log cabin) tiras de cores, as mesmas para cada bloque.
mércores, 14 de xuño de 2017
Quilting Moderno: conceptos
Seica se fundou hai uns meses a Asociación Española de Quilt Moderno. É membro da MQG internacional pero non expón no blog as bases da súa actividade.
No seguinte video Heather Grant expón (en inglés) os principios polos que se entende que un proxecto de acolchoado é moderno. A inspiración dos novos creadores procede de diversas fontes, algunhas delas tradicionais (como os Amish ou Gee's Bend), o deseño gráfico e artistas modernos e posmodernos doutras disciplinas. Internet e os novos medios sociais permitiron a interconexión a escala mundial destas ideas. Na meirande parte dos casos, seguen sendo colchas para uso cotiá nas que a forma está vencellada á función, empregando técnicas tradicionais cun novo enfoque.
Algúns dos elementos que permiten identificar un quilt como moderno son:
Artículo sobre QuiltCon 2015.

- fragmentación alternativa á clásica construción de reas e columnas de bloques regulares
- uso de abundante espazo negativo
- asimetría: o foco ou centro de atención está desprazado xeometricamente
- escala esaxerada ou variación de dimensións dun mesmo deseño no mesmo proxecto
- quilts sen bordes
- minimalismo
- paleta de cores brillante e gráfica
- piecing improvisado, rompendo as regras de construción ao uso: cortando e recombinando as pezas sobre a marcha (unha das mellores técnicas para iniciarse)
- tradicionalismo moderno: reinterpretación de deseños clásicos
Artículo sobre QuiltCon 2015.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Esta foi a primeira máquina de coser que merquei, vai case para 10 anos. Custárame algo así como 70€ no Lidl, e resultou moi práctica para i...
-
A segunda pista deste mystery saiu o venres. Tamén neste caso fixen pouco máis da metade das unidades, no meu caso flying geese verdes sob...
-
Fixen onte algo máis da metade das unidades necesarias para a primeira pista do mystery Ringo Lake . Como mudei as córes os meus 9P teñen m...