Amosando publicacións coa etiqueta dobre arrastre. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dobre arrastre. Amosar todas as publicacións

mércores, 28 de xuño de 2017

Monolog (log cabin de bloques monocromáticos)

Encántame aproveitar os retalliños máis pequenos, en proxectos a longo prazo de foundation piecing. Neste caso fun acumulando folletos publicitarios que recurtei en cadrados de 22 cm, e sobre eles fun cosendo en espiral (o tradicional método para os bloques log cabin) tiras de cores, as mesmas para cada bloque.


sábado, 24 de xuño de 2017

Acolchoado con dobre arrastre

Unha mestra no acolchoado con dobre arrastre é Jacquie Gering, do Modern Quilt Guild.

Outra das súas recomendacións é o emprego das puntadas decorativas das nosas máquinas máis modernas:

xoves, 22 de xuño de 2017

Accesorios: pés de máquina


Pódese acolchoar con calquera máquina doméstica, a condición de dispor dun pé axeitado como os que se ven na foto. Os de dobre arrastre (1 e 2) están deseñados para o acolchoado en liñas rectas, pero tamén permiten a execución de curvas suaves. O modelo (2) permite a inserción dunha barra para facilitar o aliñamento equidistante de liñas paralelas de costura. Un exemplo clásico de deseño por este método é o acolchoado en espiral:

A miña máquina traía de serie un pé para acolchoado libre como o modelo (3), que cheguei a romper por uso excesivo. Veño de comprar por internet os modelos (4), con pé aberto de plástico transparente, e (5) con pé metálico pechado. Estes levan unha panca para se desprazaren arriba e abaixo coa barra da agulla en cada puntada, e un resorte para se adaptaren a calquera grosor de acolchoado.

O feito de que o pé salte con cada puntada amola a moitas quilters, o que as levou a tentar modificacións caseiras (como esta de Leah Day cun elástico, ou estoutra máis técnica cun parafuso). A casa Janome ten un pé específico que se regula cun parafuso e non precisa modificación:

Mesmo existe un pé cuxo eixo está desprazado respecto da barra da agulla, permitindo ver a labor por detrás da agulla: