Amosando publicacións coa etiqueta negro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta negro. Amosar todas as publicacións

martes, 26 de decembro de 2017

Ringo Lake, parte 5

De novo temos que facer flying geese, no meu caso brancos e negros, que resultan ser dúas córes constantes na miña versión. Xa hai xente avanzando no proceso. A min retrásame o ter que axustar finalmente a medida das unidades, porque pasando o ferro sempre estiro algo de máis e sobran uns fíos para o tamaño perfecto (sliver trimming).

sábado, 16 de decembro de 2017

Ringo lake, parte 4

Como este proxecto é un mystery, non se sabe nin sequera de cantas partes se compón. Polas miñas contas, xa case gastamos a totalidade dunha das córes (verde no meu caso).
Desta volta, a cuarta pista consiste en unidades triangulares compostas. Eu escollín facer cadriños grises coas puntas triangulares en negro. Vai máis rápido que a pista anterior, e xa levo máis da metade das unidades necesarias.


Anteriormente:

O que están a facer as demais participantes.


domingo, 26 de novembro de 2017

Ringo Lake, parte 1

Fixen onte algo máis da metade das unidades necesarias para a primeira pista do mystery Ringo Lake.
Como mudei as córes os meus 9P teñen menos contraste que os que propón a autora.

Hai centos de participantes que cada luns publican os seus avances.

xoves, 23 de novembro de 2017

Ringo Lake intro: materiais

Como cada Black Friday, Bonnie Hunter propón a partir de mañá un novo quilt misterioso.  Este será o meu quinto.

Os anteriores son: 

Celtic Solstice


Grand Illusion


Allietare


En Provence


Para o 2017, a deseñadora inspirouse nun mencer sobre o lago Ringo, nos Estados Unidos. Chamaron a súa atención o contraste de córes: castaño, verdemar, salmón. Por primeira vez vou optar por córes distintas: as miñas son gris, negro e verde (as que temos tanto no dormitorio coma na sala).

mércores, 19 de xullo de 2017

Allietare ou quilt pirata

Foi un Mystery Quilt deseñado por Bonnie Hunter, de Quiltville,  hai dous anos. O top é xigante (aproximadamente 2,20 x 2,50 cm) e non teño moi claro como o quero acolchoar. Por de pronto comezarei por pespuntear as filas de bloques (stitch in the ditch ou SITD).