sábado, 17 de xuño de 2017

Deseños FMQ (2): liñas continuas e de lado a lado



Estiven a practicar (para confeccionar unha especie de catálogo persoal) deseños de acolchoado que se basean nunha única liña que nunca se cruza. Valen tanto para cubrir toda a superficie do proxecto (edge-to-edge) como para bloques ou seccións (fillers). O que máis teño usado e o "gusanito" tanto a grande escala (meandering (1)) como en pequeno (stippling (2)).

Outra versión, con liñas dereitas e ángulos rectos, coñécese como "labirinto" (3). Cústame facer espirais regulares (4) se non teño liñas de guía; tamén destas existen variantes "borrachas" (drunk spirals (5)) ou cadradas (6).

As seguintes formas, moi alongadas, dánseme mellor se as fago de arriba abaixo. Ángela Walters chámalles back-and-forth e hai variantes con ángulos rectos (7), curvas suaves e ángulos agudos (eu chámolles labaradas, flames (8)) e extremos más redondeados (9).

As liñas que se van repetindo de lado a lado tamén se poden usar en toda a labor ou só zonas específicas. Son idóneas para bordes. Nesta categoría són clásicos os deseños con pequenos lazos imitando eles cursivos (10) ou efes (Christina Cameli chámelles lazy efs e Ángela Walters wishbones (11). Para franxas estreitas os deseños máis sinxelos son de ondulacións estreitas redondeadas (12), rectangulares (13) ou triangulares (14). Ondulacións que case se pechan son coñecidas como ribbon candy (15), e o que algúns chaman pontes, no mundo anglosaxón son cunchas (shells (16)).

Ás curvas suaves de lado a lado Leah Day chámalles shadow waves (17). Ángela Walters ten unha versión na que de cando en cando unha das curvas converxe coa anterior e rebota cara o lado de onde viña a liña, de forma fluida (all-over wavy lines (18)). Como contraste outro deseño de Leah Day baséase en liñas angulares a intervalos irregulares (jagged lines (19)).

Ningún comentario:

Publicar un comentario