Amosando publicacións coa etiqueta kevin. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta kevin. Amosar todas as publicacións

luns, 16 de outubro de 2017

Sapphire comets

Tiven onte unha sesión do que podería chamar improv assembling. Fun dando voltas ás pezas que fixen do misterio de Kevin the Quilter, e xuntei por partes ata chegar a este top que mide unhas 36"x54": tamaño xusto para un bebé ou unha cadeira de rodas.

Os cometas son fragmentos esfarelados das estrelas, e como o meu proxecto é unha pequena fracción do deseño das Estrelas de Zafiro, vaille quedar Sapphire Comets. A miña composición é asimétrica e con bastante espazo en branco, que me propoño acolchoar densamente.

Editado o 30 de decembro para engadir as fotos do proxecto xa rematado. A traseira está composta por dúas pezas, unha branca e outra azul. Acolchoei as estrelas centrais con fío azul mariño, o resto en branco. O remate fíxeno con restos de tiras de 2", cosidas a máquina cunha puntada de espiña de peixe.



martes, 3 de outubro de 2017

luns, 18 de setembro de 2017

Quilt misterioso, pista sorpresa

Levo dúas semanas de auténtica tolemia laboral. Pasóuseme a pista sorpresa de Kevin de Quilter pero hoxe teño unhas horas para min.

Podedes ver nos seguintes enlaces os bloques que fixen para a primeira pista, a segunda e a terceira.

sábado, 2 de setembro de 2017

Quilt misterioso, terceira parte

Como non tiven tempo de coser, non publiquei nada dende hai un mes.
Hoxe rematei o traballo cedo e deime o capricho de coser uns poucos bloques do quilt misterioso de Kevin the quilter, do que están aquí as instrucións.
Algún día teño que escribir sobre tecidos con estampados direccionais...

Estas son as partes anteriores: primeira e segunda.

mércores, 2 de agosto de 2017

Seguindo co quilt misterioso...

Fixen unhas poucas unidades da segunda parte do quilt misterioso que está a publicar Kevin the Quilter. Estou a usar retallos que me sobraran doutros proxectos, e finalmente optei por respectar o abano de córes proposto. Teño azuis e marelos moi claros e probablemente iso me obrigue a usar só brancos para os neutros.

Na primeira parte fixeramos cadrados combinando tons de azul.

sábado, 8 de xullo de 2017

Tentación: Sapphire Stars

The Eclectic Abuela comezou a coser os bloques dunha colcha misteriosa, un proxecto de Kevin the Quilter.
Non sei se me animar a facer uns poucos bloques: levo tanto tempo acolchando ultimamente que teño saudades por pacer algo de piecing.
A primeira pista usa tres tons de azul.