Cando rematei os proxectos previstos para o Second Hand Rose Challenge sobráronme anacos cativos de téxtiles, principalmente de camisas e vestidos. Son incapaz de guindar ao lixo teas e ocorréuseme experimentar outro deseño de Bonnie Hunter: Nine Patch Split. Inicialmente só fixen os 16 bloques para a parte central, pensando aproveitalos para un coxín. Meses máis tarde, como aínda sobraba material cortei medios hexágonos para rematar cun borde tipo trenza.
E así quedou o top, gardado na caixa, un par de anos, ata que onte me animei a acolchoalo (manta acrílica e un retallo de saba na traseira).
Mide 36" x 36", ou sexa que é un cadrado de 90 cm de lado.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
-
Esta foi a primeira máquina de coser que merquei, vai case para 10 anos. Custárame algo así como 70€ no Lidl, e resultou moi práctica para i...
-
A segunda pista deste mystery saiu o venres. Tamén neste caso fixen pouco máis da metade das unidades, no meu caso flying geese verdes sob...
-
The Eclectic Abuela comezou a coser os bloques dunha colcha misteriosa, un proxecto de Kevin the Quilter . Non sei se me animar a facer uns...
It looks so soft!
ResponderEliminar