Tiven onte unha sesión do que podería chamar improv assembling. Fun dando voltas ás pezas que fixen do misterio de Kevin the Quilter, e xuntei por partes ata chegar a este top que mide unhas 36"x54": tamaño xusto para un bebé ou unha cadeira de rodas.
Os cometas son fragmentos esfarelados das estrelas, e como o meu proxecto é unha pequena fracción do deseño das Estrelas de Zafiro, vaille quedar Sapphire Comets. A miña composición é asimétrica e con bastante espazo en branco, que me propoño acolchoar densamente.
Editado o 30 de decembro para engadir as fotos do proxecto xa rematado. A traseira está composta por dúas pezas, unha branca e outra azul. Acolchoei as estrelas centrais con fío azul mariño, o resto en branco. O remate fíxeno con restos de tiras de 2", cosidas a máquina cunha puntada de espiña de peixe.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
-
Esta foi a primeira máquina de coser que merquei, vai case para 10 anos. Custárame algo así como 70€ no Lidl, e resultou moi práctica para i...
-
No desafío de ir rematando UFOs ( UnFinished Objects ) de 2018, este mes determinei traballar neste proxecto que comezara hai anos. O rolo d...
-
É coñecida como técnica English Paper Piecing (EPP) a forma tradicional de coser a man pezas previamente fixadas a unha forma en papel. O d...
This looks great! I love the name.
ResponderEliminarOh WOW! Thanks for sharing your beautiful version of "Sapphire Stars!" Your quilting is stunning! Very, very beautiful!!!!!!
ResponderEliminar