mércores, 22 de novembro de 2017

Reciclaxe (1)

Algunhas colchas teñen o valor engadido de evocar na nosa memoria lembranzas asociadas ás teas que as compoñen.
Se cadra por iso as miñas preferidas son as que fixen con retallos de roupa da familia.

Con sabas roídas polos ratos: Irish Mice Rescue

Con pixamas e camisas de franela: Smokey Ragged

Con camisas de franela, pantalóns vaqueiros e retallos dunha bata para acolchoar por dentro:

Con camisas e vestidos de verán: Lozenge Quilt

Preparando a nova tempada de costura

Marcharon as convidadas.
O seu cuarto hai uns días tiña este aspecto:

Agora volve ao seu ser (modo invernal = costura). Un caótico obradoiro ou messing room.

luns, 16 de outubro de 2017

Sapphire comets

Tiven onte unha sesión do que podería chamar improv assembling. Fun dando voltas ás pezas que fixen do misterio de Kevin the Quilter, e xuntei por partes ata chegar a este top que mide unhas 36"x54": tamaño xusto para un bebé ou unha cadeira de rodas.

Os cometas son fragmentos esfarelados das estrelas, e como o meu proxecto é unha pequena fracción do deseño das Estrelas de Zafiro, vaille quedar Sapphire Comets. A miña composición é asimétrica e con bastante espazo en branco, que me propoño acolchoar densamente.

Editado o 30 de decembro para engadir as fotos do proxecto xa rematado. A traseira está composta por dúas pezas, unha branca e outra azul. Acolchoei as estrelas centrais con fío azul mariño, o resto en branco. O remate fíxeno con restos de tiras de 2", cosidas a máquina cunha puntada de espiña de peixe.



martes, 3 de outubro de 2017

luns, 18 de setembro de 2017

Quilt misterioso, pista sorpresa

Levo dúas semanas de auténtica tolemia laboral. Pasóuseme a pista sorpresa de Kevin de Quilter pero hoxe teño unhas horas para min.

Podedes ver nos seguintes enlaces os bloques que fixen para a primeira pista, a segunda e a terceira.

venres, 8 de setembro de 2017

Occitane

Estou demasiado cansa despois de traballar para seguir acolchoando. Así que encetei o piecing dun novo proxecto. O ano pasado fixen o mystery quilt En Provence de Bonnie Hunter, e cosín unidades de máis. Estou agora no proceso de xuntalas en forma de bloques para unha colcha que decidín chamar Occitane.


Finalmente os centros das estrelas lilas e rosa van en verde. Comecei a xuntar os bloques, e a metade da tarefa pasou polo piso o devastador furacán Bruni. Vede as fotos do antes e do despois...


sábado, 2 de setembro de 2017

Quilt misterioso, terceira parte

Como non tiven tempo de coser, non publiquei nada dende hai un mes.
Hoxe rematei o traballo cedo e deime o capricho de coser uns poucos bloques do quilt misterioso de Kevin the quilter, do que están aquí as instrucións.
Algún día teño que escribir sobre tecidos con estampados direccionais...

Estas son as partes anteriores: primeira e segunda.