mércores, 7 de marzo de 2018

FMQ Challenge de Angela Walters: Venting Quilt

A quilter e youtuber Angela Walters comezou hai unhas semanas un proxecto de publicar periodicamente aulas de acolchoado libre, que é a súa especialidade. Eu teño cursado con ela varias clases de Craftsy e considéroa unha das mellores instructoras na materia.

Subscribindo o curso, cada luns recibes gratuitamente por correo electrónico plantillas e instruccións, e o enlace aos vídeos de youtube que vai subindo coas diferentes técnicas.

O primeiro video recollía unha presentación do proxecto. Esta técnica mellora coa práctica, e a mellor práctica consiste en compartir experiencias con outras persoas. Angela ofrece un curso gratuito e mesmo con opcións a gañar premios. Pódese mercar o kit da colcha coa que vai demostrar ela ou usar calquera sandwich que teñamos por casa. O importante é compartir os nosos traballos polas redes sociais, usando o hashtag #freemotionchallenge.
Os materiais que se necesitan son: unha máquina de coser, prensateas para o acolchoado libre, agulla (as de titanio son máis fortes), fío de calidade (ela recomenda Aurifil 50wt que tamén é o meu preferido) dunha cor que se disimule coa tea. Axudas adicionais: Supreme Slider, luvas, útiles de marcado (stencil, xiz), regras de acolchoado (opcionais).

Eu vou usar para practicar a miña colcha Venting Quilt. Houbo períodos nos que me quedei de única coidadora da miña sogra con demencia senil, e fíxomas pasar moi gordas. Cando non podía máis, agarraba unha presada de tiras de 2,5" e facía uns cantos bloques Box Kite. A principios deste ano decidín xuntalos, malia seren unhas cores horrorosas, para practicar novas técnicas de acolchoado. Co prensateas de dobre arrastre cosín as liñas entre bloques para estabilizar o sandwich, por iso xa recurtei o sobrante de boata e traseira para que non estorbasen.


No segundo vídeo comezamos a acolchoar, cun dos deseños considerado máis básicos: o meandering que en castelán chaman "gusanito" (vermiño). Aprendemos a traballar en todas as direccións ocupando todo o espazo. Comezamos baixando a agulla e subíndoa unha soa vez para facer subir o fio da bobina, e facemos 2-3 puntadas no sitio para amarrar os fíos. Coas mans a cada lado iniciamos unha moción sen preocuparse pola loxitude das puntadas. A idea é familiarizarse cos movementos do sandwich sen facelo xirar, lembrando parar e reposicionarmos as mans con frecuencia. Fixarémonos en que a distancia entre liñas sexa máis ou menos constante para acadar unha textura homoxénea, sen espazos valeiros. Coa práctica aprenderemos a non quedarmos entaladas nos recantos. 
Variacións que admite: diminuir a escala achegando as liñas (stippling) ou ao contrario espacialas máis para rematar máis axiña.
O echoeing ou eco consiste en facer liñas en paralelo a un contorno de xeito a subliñar esa forma e atraer a mirada cara ela. Despois pódese encher o interior cun deseño denso. Para liñas de contorno rectas pódense usar regras, ou tamén nos pode axudar marcar puntos ou liñas de guía cun xiz ou rotulador lavable. Tampouco hai que se obsesionr porque a liña sexa perfectamente recta, xa que o recheo disimulará calquera irregularidade.



O terceiro  vídeo explica o concepto da continuous curve ou curva contínua, que vai percorrrendo as esquinas dos bloques dando impresión de continuidade. É ideal para bloques pequenos, ou bloques grandes feitos de pezas pequenas. Hai unha técnica para ir facendo as curvas en bloques sucesivos sen ter que cortar o fío entre cada bloque. As liñas aparentan ser serpentinas que pasan alternadamente a un lado e outro da liña de guía. Non se hai que preocupar se algunha das curva non sae perfecta xa que, rematada a labor, só se percibe a textura xeral. Existen tamén regras para axudar a que as curvas saian todas parellas.
Variación: partindo do centro, usar puntos internos no bloque como guías para enlazar curvas en forma de pétalos dunha flor. Ao cosermos non hai que fixar a mirada na curva que estamos facendo senon na punta onde queremos que remate. Este deseño carga moito de fío a zona central, por iso é importante que o fío sexa fino e da mesma cor que a tea. Se nos gusta o resultado e queremos subliñalo, podemos rodealo cun eco e despois encher cun deseño denso de contraste. Se ao contrario queremos disimular, rodearemos cun deseño de enchemento coa mesma densidade que o debuxo central.

[foto continuous curve]

No cuarto vídeo utilizamos o aprendido nos episodios anteriores: moverse en todas as direccións facendo curvas e ecos, aplicado ao deseño leafy meander.
Comezamos cun arco que se dirixe cara un punto e volve case simetricamente. O que importa é o espazo que as liñas encerran: vai definir a densidade e textura. As liñas de eco levarán unha distancia semellante. Cando teñamos suficientes liñas, comezamos con outro arco orientado con outro ángulo. Podemos trazar co dedo previamente a liña imaxinaria cara onde imos ir a continuación, para facérmonos unha idea. Se cometemos un eco, seguimos con liñas de eco que o disimulen. Para que as puntas saian ben agudas, axuda pensar no movemento dunha pelota de pingpong que choca e rebota.
Podemos dar énfase ao deseño marcando unha liña pola que se guiará a primeira serie de follas, de tamaño máis grande. Unha variación consiste en inserir un segundo deseño adicional no interior das follas.

[foto leafy meander]

O quinto vídeo emprega moitas liñas rectas que podemos facer ou non coa axuda de regras: baséase en guiarse por puntos concretos do piecing, o que Angela chama dot to dot quilting.

Semana #6: videos wavy lines e o seu uso noutros proxectos: eye candy.
Semana #7: vídeos swirl meander e feather meander.
Semana #8: vídeos clamshell e stacked squares.
Semana #9: vídeo wishbones.




domingo, 4 de marzo de 2018

Arkansas Gypsy Caravan

No desafío de ir rematando UFOs (UnFinished Objects) de 2018, este mes determinei traballar neste proxecto que comezara hai anos. O rolo de teas que tiña da colección Gypsy Caravan de Rowan Fabrics só traía 30 tiras de 2,5", así que encarguei un par de pezas de tea a maiores, para ter máis marxe e mesmo opcións dun borde estampado a xogo. Tamén escollín dúas cores sólidas: verde pistacho para o fondo e morado cereixa para un toque de contraste.
Está facendo un horroroso dí de invernía e as cores son malísimas. Terei que sacar outra foto con máis luz cando a haxa.
O tutorial no que me baseei é o que en Missouri Star Quilt chaman Good Night Irene, pero tradicionalmente creo que lle dín Arkansas Crossroads:

Isto de volver a traballos que quedaron a medias permíteme observar o moito que mellorei na miña técnica. Malia que me dixeran que este deseño era axeitado para "confident beginners", na práctica hai que ter moita precisión nas marxes de costura para que quede ben. Teoricamente fixera un feixe de bloques de 8,5". Cando os cosín hai anos nin cadrados saíron, así que resolvín recurtalos todos para que medisen 8,25. É a miña experiencia que, para un bon acolchoado, hai que partir dun top totalmente plano, o que só se consegue cando todos os bloques son cadrados e do mesmo tamaño.