luns, 16 de outubro de 2017

Sapphire comets

Tiven onte unha sesión do que podería chamar improv assembling. Fun dando voltas ás pezas que fixen do misterio de Kevin the Quilter, e xuntei por partes ata chegar a este top que mide unhas 36"x54": tamaño xusto para un bebé ou unha cadeira de rodas.

Os cometas son fragmentos esfarelados das estrelas, e como o meu proxecto é unha pequena fracción do deseño das Estrelas de Zafiro, vaille quedar Sapphire Comets. A miña composición é asimétrica e con bastante espazo en branco, que me propoño acolchoar densamente.

Editado o 30 de decembro para engadir as fotos do proxecto xa rematado. A traseira está composta por dúas pezas, unha branca e outra azul. Acolchoei as estrelas centrais con fío azul mariño, o resto en branco. O remate fíxeno con restos de tiras de 2", cosidas a máquina cunha puntada de espiña de peixe.



martes, 3 de outubro de 2017